O pasado mércores tivemos a nosa asemblea anual de asociadas na sede da Fundación SGAE en Compostela.
As asambleas son o máximo órgano de decisións nas asociacións pero tamén un necesario espazo de encontro e diálogo no que seguir afianzando redes de traballo colectivo e polo ben común.
Nesta cita, acordouse a reorganización da Xunta Directiva, presidida a partir de agora por Clara R. Cordeiro, coa vicepresidencia de Jorge Linheira e a incorporación de Julia Sueiro como nova vogal.
O resto de cargos da Directiva mantéñense as mesmas persoas:
Secretaria: Berta Álvarez Buylla Falces
Tesoureiro: Tomi Legido
Vogal: Uxío Novoneyra
Vogal: Sara García
En 2026 haberá convocatoria de eleccións xa que remata o período para o que foi elixida a actual Xunta Directiva.
Tamén se aprobou o primeiro Réxime de Regulamento Interno da AGPXC para seguir a fomentar a transparencia no seo da asociación.